Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de tercerías de dominio pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de tercerías de dominio pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e o Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo no edificio da Consellería de Economía e Facenda de San Caetano, soto, en Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2003.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

InteresadoCIFEnderezoProcedemento

Miguel A. Ramos Pérez33821176-KR/ Cova da Serpe, 13-2º, LugoResolución de tercería de dominio

Ramón Veiga Campo35904578-ZLugar O Cotiño, Dornelas, 33, 36415 Mos (Pontevedra)Resolución de tercería de dominio

Aurelio Martínez Gago34695945-PManuel Murguía, 33-1º B, 32005 OurenseResolución de tercería de dominio

Ramiro Díaz Jiménez6512139Nicomedes Pastor Díaz, 1-3-3ª A, OurenseResolución de tercería de dominio

Domingo Álvarez Prieto34517092Nicomedes Pastor Díaz, nº 3-1º D, OurenseResolución de tercería de dominio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA