Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORISTANCO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Coristanco.

O Pleno deste concello en sesión ordinaria celebrada o día 16 de xaneiro de 2003, acordou aprobar definitivamente, por maioría absoluta, a modificación puntual nº 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Coristanco, comprensiva das seguintes modificacións:

1. Cualificación dunha parte de solo pertencente ó sistema local viario como Sistema Xeral de Equipamento Sanitario no núcleo urbano da Agualada.

2. Modificación da Área de Reparto nº 3 e zona colindante no solo urbano do núcleo de San Roque.

3. Incorporación de terreos ó sistema xeral viario para a realización dunha rotonda de enlace na C-552.

4. Modificación do artigo 140 sobre rexime urbanístico do solo rústico común apto para urbanizar no referente á altura máxima permitida nos ámbitos de uso mixto.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto na normativa legal pola que se rexe, sinalando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación y distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, impugnalo directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Se se opta pola interposición de recurso potestativo de reposición, deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da precitada lei. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que recaese resolución en prazo, entenderase desestimado e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Así mesmo, contra a resolución do recurso de reposición, ou ben directamente contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da devandita resolución ou da publicación do presente acordo. Se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses, e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establece os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Advírtese que tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren pertinentes en defensa dos seus intereses.

Coristanco, 27 de xaneiro de 2003.

Antonio Pensado Plágaro

Alcalde