Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.350

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 20 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas.

As listas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícanse as listas de excluídos, que figuran como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

RELACIÓN PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS

PROMOCIÓN INTERNA

APELIDOS E NOMENIFEXCLUSIÓN

PEÓN FERNÁNDEZ, MARÍA RITA36028467-W32

GARCÍA PÉREZ, EVA MARÍA32823234-A32

ACCESO LIBRE

APELIDOS E NOMENIFOPCIÓNEXCLUSIÓN

NÚÑEZ ALONSO, LUIS FERNANDO33267448-HECONOMÍA XERAL53

NÚÑEZ QUIROGA, MARÍA TERESA33858260-YECONOMÍA XERAL20,53

GÓMEZ POSE, MARÍA SILVIA34894116-BECONOMÍA XERAL21

GÓMEZ RDGUEZ., ALMA MARÍA34973525-RECONOMÍA XERAL21

OTERO DÍAZ, MARIO76860341-EECONOMÍA XERAL21

CAUSAS DE EXCLUSIÓN

20: TAXAS NON ABOADAS

21: IMPORTE TAXAS INGRESADAS INFERIOR Ó ESTIPULADO

32: NON OPTA POR NINGUNHA RAMA

53: FALTA DE DNI OU DNI INCORRECTO