Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.347

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de febreiro de 2003 pola que se convocan para a elección de destino provisional os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas ordes do 8 de outubro de 2001 para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escalas de arqueólogos e facultativa de bibliotecas, no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escalas de enxeñeiros técnicos de obras públicas e topógrafos, e no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes.

Polas ordes do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro), convocouse proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B) e do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C); unha vez elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron estes procesos selectivos nas escalas de arqueólogos, facultativa de bibliotecas, enxeñeiros técnicos de obras públicas, topógrafos e delineantes polas ordes do 21 de xaneiro de 2003 (DOG nº 19, do 29 de xaneiro), do 28 de xaneiro de 2003 (DOG nº 25, do 5 de febreiro), do 17 de xaneiro de 2003 (DOG nº 15, do 23 de xaneiro) e do 13 de febreiro de 2003 (DOG nº 36, do 20 de febreiro), e co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade posible, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior

da Xunta de Galicia (grupo A), escalas de arqueólogos e facultativa de bibliotecas, no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escalas de enxeñeiros técnicos de obras públicas e topógrafos, e no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de delineantes, para a elección de destino provisional, en único chamamento, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública sito no soto desta consellería no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela o día 7 de marzo de 2003, ás 10 horas.

Os aspirantes poderÁn elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 entre os postos que se relacionan no anexo I (escala de arqueólogos), anexo II (escala facultativa de bibliotecas), anexo III (enxeñeiros técnicos de obras públicas), anexo IV (topógrafos) e anexo V (delineantes).

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa personalidade.

Os que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Unha vez rematado o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, ós que non comparezan persoalmente nin por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lle correspondan atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, entre as que quedasen sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

OFERTA VACANTES GRUPO A ESCALA DE ARQUEÓLOGOS

CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELC. ESPECÍFICO

1CU.C99.10.000.15001.051SECCIÓN DE ARQUEOLOXÍADELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑAA CORUÑA246.871,56

2CU.C04.00.000.15770.006POSTO BASE GRUPO AD.X. DE PATRIMONIO CULTURALSANTIAGO DE COMPOSTELA203.990

3CU.C04.00.000.15770.007POSTO BASE GRUPO AD.X. DE PATRIMONIO CULTURALSANTIAGO DE COMPOSTELA203.990

4CU.C04.00.002.15770.015SECCIÓN ARQUEOLOXÍA IIS.X. DO INSTITUTO DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAISSANTIAGO DE COMPOSTELA257.758,24

ANEXO II

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

OFERTA VACANTES GRUPO A ESCALA FACULTATIVA DE BIBLIOTECAS

CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELC. ESPECÍFICO

1CU.C99.40.101.15001.004TÉCNICO SUPERIOR BIBLIOTECASBIBLIOTECA DA CORUÑAA CORUÑA203.990

2CU.C03.00.001.15770.024TÉCNICO SUPERIOR BIBLIOTECASS.X. DE PROMOCIÓN CULTURAL E DO LIBRO E BIBLIOTECASSANTIAGO DE COMPOSTELA203.990

3CU.C99.40.101.27001.001DIRECTOR BIBLIOTECABIBLIOTECA LUGOLUGO268.866,53

4CU.C99.40.101.32001.003SECCIÓN CBIBLIOTECA OURENSEOURENSE225.319,84

5CU.C99.40.101.36560.001DIRECTOR BIBLIOTECABIBLIOTECA VIGOVIGO268.866,53

6CU.C99.40.101.36560.004SECCIÓN CBIBLIOTECA VIGOVIGO225.319,84

ANEXO III

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

OFERTA VACANTES GRUPO B ENXEÑEIROS TÉCNICOS DE OBRAS PÚBLICAS

CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELC. ESPECÍFICO

1OT.B01.00.001.15770.006ENXEÑEIRO TÉCNICO DE FUNCIÓNS FACULTATIVASDEPARTAMENTO XESTIÓN DO DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICOSANTIAGO DE COMPOSTELA225.319,84

2OT.B01.00.001.15770.007ENXEÑEIRO TÉCNICO DE FUNCIÓNS FACULTATIVASDEPARTAMENTO XESTIÓN DO DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICOSANTIAGO DE COMPOSTELA225.319,84

3OT.B01.00.001.15770.008ENXEÑEIRO TÉCNICO DE FUNCIÓNS FACULTATIVASDEPARTAMENTO XESTIÓN DO DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICOSANTIAGO DE COMPOSTELA225.319,84

4OT.C04.00.001.15770.036SECCIÓN TÉCNICAS.X. DE ESTRADASSANTIAGO DE COMPOSTELA257.758,24

5OT.C99.10.000.27001.012ENXEÑEIRO TÉCNICO DE FUNCIÓNS FACULTATIVASDELEGACIÓN PROVINCIAL LUGOLUGO225.319,84

6OT.C99.10.000.32001.010ENXEÑEIRO TÉCNICO DE FUNCIÓNS FACULTATIVASDELEGACIÓN PROVINCIAL OURENSEOURENSE225.319,84

ANEXO IV

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

OFERTA VACANTES GRUPO B ESCALA DE TOPÓGRAFOS

CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELC. ESPECÍFICO

1AG.C99.10.101.15001.007ENXEÑEIRO TÉCNICO FUNCIÓNS FACULTATIVASSERVICIO DE INFRAESTRUCTURAS AGRARIASA CORUÑA225.319,84

2AG.C03.00.001.15770.024XEFE UNIDADE CARTOGRAFÍAS.X. DE INFRAESTRUCTURAS AGRARIASSANTIAGO DE COMPOSTELA225.319,84

3MA.C99.10.101.32001.019ENXEÑEIRO TÉCNICO TOPÓGRAFOSERVICIO PROVINCIAL MONTES/INDUSTRIAS FORESTAISOURENSE225.319,84

4AG.C99.10.101.36001.011XEFE SECCIÓN TOPOGRAFÍASERVICIO DE INFRAESTRUCTURAS AGRARIASPONTEVEDRA225.319,84

5MA.C99.10.101.36001.018ENXEÑEIRO TÉCNICO TOPÓGRAFOSERVICIO PROVINCIAL MONTES/INDUSTRIAS FORESTAISPONTEVEDRA225.319,84

ANEXO V

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

OFERTA VACANTES GRUPO C ESCALA DE DELINEANTES

CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELC. ESPECÍFICO

1OT.C99.10.000.15001.025DELINEANTEDELEGACIÓN PROVINCIAL A CORUÑAA CORUÑA143.103,2

2OT.C04.00.000.15770.044DELINEANTED.X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA143.103,2

3MA.C99.10.101.32001.021DELINEANTESERVICIO PROVINCIAL MONTES/INDUSTRIAS FORESTAIS (OURENSE)OURENSE163.325,08

4OT.C99.10.000.36001.087NEGOCIADO DE DELINEACIÓNDELEGACIÓN PROVINCIAL PONTEVEDRAPONTEVEDRA163.325,08