Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.284

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA CORUÑA

ANUNCIO para concurso aberto de xestión de parques (tramitación urxente).

Obxecto do contrato: prestación en réxime de xestión indirecta do servicio de intervención de emerxencias na provincia da Coruña, mediante a explotación, conservación e mantemento dos parques do consorcio.

Duración do contrato: cinco anos, renovables en prórrogas de tres, ata un máximo de 15 anos.

Orzamento: máximo de 1.712.885 euros para o ano 2003.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: 34.258 euros.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información e lugar de presentación de proposicións: Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña. R/ Alférez Provisional, s/n, Deputación Provincial (Dpto. de Promoción Económica) 15006 A Coruña. Teléfono. 609 50 04 73. Fax: 981 50 33 31.

Plazo de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP.

A Coruña, 17 de febreiro de 2003.

P.D.

O secretario

Rubricado