Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO do estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións nun soar sito na rúa do Cristo, promovido por O Xuncal, S.L. Aprobación inicial.

A Comisión de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 6 de febreiro de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións nun soar sito na rúa do Cristo, promovido por O Xuncal, S.L.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para efectos de que durante o prazo de vinte días, contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG poidan formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licencias.

Así mesmo, a Comisión de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 6 de febreiro de 2003, acordou a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas ou usos determinados no devandito estudio de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados, respecto ós cales non se puidera practica-la notificación.

Mugardos, 12 de febreiro de 2003.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde