Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.183

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 23 de decembro de 2002, adoptou o acordo de presta-la súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas que han de rexer na contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, da obra que se indica no punto dous, expoñéndose ó público polo prazo dos oito días seguintes a última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Simultaneamente anúnciase concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións en relación co dito prego.

1. Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno do concello.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: pavimentación de acceso de Fontecriba a Rego Pequeno (Buriz-Vilares). Tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento de licitación e criterios de selección: trinta e un mil novecentos oitenta e tres con cincuenta e un euros. Os consignados no prego de condicións.

5. Garantías: provisional, seiscentos corenta euros. Definitiva, catro por cento do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Guitiriz, Secretaría. Rúa Xeneral Franco, 4. Teléfono e fax: 982 37 01 09. Ata o día anterior a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presentación de ofertas:

-Prazo de trece días, excluídos os sábados, seguintes á última publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

-Documentación: a esixida no prego.

-Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, de nove a catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: tres meses, contados desde o día de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas: primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente con sábado, ás trece trinta.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Guitiriz, 12 de febreiro de 2003.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa