Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de adquisición de máquina varredora.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: subministración dunha máquina varredora para limpeza de vías públicas.

Lugar de entrega: Concello do Grove. Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 42.671,86 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Documentación e información:Concello do Grove. Praza do Corgo, s/n (36980) O Grove (Pontevedra). Teléfono: 986 73 09 75. Fax: 986 73 13 58. Prazo: ata o remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe. Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo prego de condicións.

8. Presentación das ofertas: durante 13 días naturais, seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de 9 a 14 horas. Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de condicións. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello, no domicilio antes citado. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: na sala de comisións da Casa do Concello, ás 13 horas do primerio día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas, e se fose sábado, o día hábil seguinte.

10. Outras informacións: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 12 de febreiro de 2003.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde