Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto para a contratación da asistencia que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 300/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia dunha unidade técnica á Universidade de Vigo nos campus de Vigo e de Pontevedra.

b) Lugar de execución: os indicados no prego de cláusulas, segundo o caso.

c) Prazo de execución: un ano segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

O importe de licitación é de 213.360 euros.

5. Garantías.

As indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Areal 46, anexo Rectorado, 3º.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados de seguido e aqueloutros que se sinalen no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira, que se poderá acreditar por calquera dos medios que a seguir se indican:

a) Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

b) Tratándose de persoas xurídicas, presentación das contas anuais ou extracto delas, no suposto de que a publicación desas sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se atopen establecidas.

c) Declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica-profesional, que se acreditará polos medios que se indican:

a) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.

b) Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

c) Unha descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

d) Compromiso de adscribir á execución do contrato os medios persoais (técnicos ofertados e características deles, e materiais suficientes que deberán ser concretados pola empresa licitadora na súa oferta.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Areal 46, planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal 46, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 14 de febreiro de 2003.

P.D. (Resolución 14-6-2002)

Augusto Viso Alonso

Xerente