Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-147/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4 de febreiro de 1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a José María Muíños Mayoral e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para ós efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Concedéndolle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente así como formula-las alegacións que considere axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-147/2002-PO.

Denunciado: Camilo Figueroa Figueroa.

Último enderezo coñecido: San Xoán, 188, O Freixo-Valadares-Vigo.

Feito denunciado: falta de identificación unha res bovina.

Data do acordo de incoación: 12-12-2002.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 5 do R.D. 1980/1998, do 18 de setembro.

Precepto sancionador: artigo 3 do Real decreto, lei 8/2001, do 6 de abril.

Sanción: de 200 euros.