Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/116-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Freixendo.

Situación: Toén.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 755 m, derivada desde a L.M.T. Cas (apoio derivación ó C.T. Moreiro), e remata no C.T. intemperie proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Redes

de baixa tensión en Freixendo derivadas do anterior C.T.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do R.D. 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 10 de xaneiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense