Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia para a realización do traballo de campo, gravación e depuración da enquisa piloto e da enquisa de condicións de vida das familias.

De acordo co previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2003/05/640.1/2.3.5/03.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: a realización do traballo de campo, depuración e gravación da «Enquisa piloto de condicións de vida das familias» e da «Enquisa de condicións de vida das familias» a 224 e 6.304 vivendas repartidas por todo o territorio galego respectivamente.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación no anuncio da licitación: Diario Oficial de Galicia nº 242, do 17 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación: 349.832 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 20 de xaneiro de 2003.

b) Contratista: Enquisa, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 343.990 euros.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2003.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística