Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/5-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Reza-Pacio.

Situación: A Peroxa.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 694 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. ó C.T. de Outeiro de Carracedo e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Coto. Redes de baixa tensión en Barras, Coto, Casquinte, Pacio, Reza, San Damiro e Rivas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de xaneiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense