Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.052

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA

AUTO (184/2002).

En Pontevedra, 13 de decembro de 2002.

Dada conta.

Feitos.

Único.-Con data do 28-11-2002 dictouse sentencia por este xulgado no procedemento P.A. 184/2002 no cal se estima o recurso interposto pola representación da entidade mercantil Isonor Preven

ción, S.L. contra a resolución con data do 24-6-2002 da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, pola cal de desestima o recurso de alzada interposto contra a Resolución do 14-5-2001, da Inspección de Traballo e Seguridade, confirmatoria da acta de infracción nº 218/2001, clave 19 H da Inspección Provincial de Traballo.

A dita sentencia declara a nulidade da sanción por entender ilegal a disposición xeral aplicada, neste caso o artigo 7.1º do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta de Galicia para a imposición de sancións por infraccións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrucción do labor inspector.

Parte dispositiva

S.Sª ante min, a secretaria, acorda formular ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a cuestión da ilegalidade do artigo 7.1º, do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta de Galicia para a imposición de sancións por infracción nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrucción do labor inspector, e que deu lugar á sanción anulada por sentencia do 28-11-2002 deste xulgado por entender que se fundaba naquela disposición xeral ilegal.

O que se anuncia para que sirva de coñecemento de todos os que poidan ter interese na cuestión formulada.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2003.

A secretaria

Rubricado