Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.051

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5556/2002).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Miguel Vilariño García, en nome e representación de Juana Ángeles Lorenzo Tomé, Beatriz Pose Vilarnovo, María Isabel Mecías Táboas, Ricardo Taboada Arjona, Ángeles Saavedra Cortón, María Luisa Iglesias Amigo, María Jesús Ansede Pastor, Adela Ríos Panisse e María Pérez-Carro Ríos contra o Decreto 278/2002, do 12 de setembro, do mapa farmacéutico e delimitación territorial para a autorización de novas oficinas de farmacia conforme a módulos de poboación.

Recurso número: 02/0005556/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, tres de xaneiro de dous mil tres.

Isabel Freire Corzo

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN