Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.043

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2003 pola que se fai pública a reforma da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia, acordada polo Pleno na súa sesión do día 15 de xaneiro de 2003.

De conformidade co disposto no artigo 8 letra j) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, en relación cos artigos 6 e 25 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, o Pleno do Consello de Contas, en sesión do día 15 de xaneiro de 2003, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia nos seguintes termos:

-Os postos de traballo números 011 e 012 pasan a ter nivel de complemento de destino 30 e un complemento específico de 18.399,84 A para o ano 2003.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento e os efectos xurídicos pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2003.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior