Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.996

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE EXCELENCIA TURÍSTICA CONCELLOS DO GROVE E SANXENXO

ANUNCIO para a contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

Padroado para o desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística no Grove e Sanxenxo. Mancomunidade do Salnés.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do proxecto: 1ª fase de rehabilitación e recuperación das edificacións existentes para ser destinadas a museo etnográfico da pesca e da salgadura no Grove. Expediente 2009.

Prazo de execución: as obras deberán ser rematadas antes do 1 de maio de 2003.

Acción enmarcado no Plan de excelencia turística correspondente á anualidade de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Forma: concurso.

Procedemento: aberto.

Tramitación: urxente.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 265.551,48 euros.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do prezo de licitación do contrato.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Padroado para o desenvolvemento do Plan Excelencia Turística do Grove e Sanxenxo.

Domicilio: avda. Vilar, 1-baixo. Vilalonga, Sanxenxo (Pontevedra). CP: 36990. Teléfono: 986 74 49 09.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación de empresa: grupo C, categoría do contrato C.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro do padroado no domicilio anterior.

Modelo de proposicións: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas.

Lugar: oficina do padroado no domicilio anterior.

Data e hora: o día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas, ás 17 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Vilalonga, 12 de febreiro de 2003.

Miguel A. Pérez García

Presidente do Padroado do Plan de Excelencia

Turística no Grove-Sanxenxo