Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto do contrato: dotación de nova capa de rodadura á estrada de Coruxo.

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento de licitación: (co IVE) 51.467,73 euros.

6. Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas (BOP do 6 de setembro de 2002).

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas.

8. Apertura de ofertas.

a) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de oferta, agás sábados.

b) Hora: ás trece (13) horas.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 5 de febreiro de 2003.

José Benito Souto Lourido

Alcalde presidente