Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2003 aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da praza ZL-73 na confluencia das rúas da Terra e Almendra sendo o teor do acordo o seguinte:

A Alcaldía-Presidencia con data do 25-10-2002 aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da praza ZL-73 na confluencia das rúas da Terra e Almendra e foi sometido a información pública polo prazo dun mes, mediante publicacións no periódico La Voz de Galicia do 5 de novembro e no DOG número 220 do 14 de novembro e exposto no taboleiro de edictos do concello do 30 de outubro de 2002 ata o 20 de xaneiro de 003. Durante o período de exposición pública presentou unha alegación Antón Fortuna Rodríguez, secretario da delegación na comarca de Ferrol da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia segundo consta no certificado do rexistro xeral. O 13 de xaneiro de 2003, o perito agrícola municipal emitiu informe sobre a alegación presentada nos puntos primeiro ó sexto, considerando que no proxecto xa se contemplan as medidas correctoras de protección das árbores e o seu contorno, que se aumentou a zona de céspede, considerando adecuados os materiais do proxecto para

a drenaxe e informando que outros temas da alegación son recomendacións que poden realiza-los técnicos no momento de execución das obras. Respecto ós puntos sétimo e oitavo da alegación, sobre a posibilidade de incluír aparca-bicis neste e noutros proxectos e o futuro nome da praza son suxestións que non demandan informe técnico. Polas razóns expostas, a Comisión Informativa de Urbanismo en sesión do 23 de xaneiro de 2003, en votación ordinaria e por unanimidade estimou oportuno propoñerlle ó Pleno da corporación a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.-Desestimar parcialmente a alegación presentada por Antón Fortuna Rodríguez polas razóns expostas no informe do técnico agrícola municipal nos puntos 1 ó 6 da alegación pero considerando os puntos 7 e 8 como suxestións para estudiar pola corporación. Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da praza ZL-73, na confluencia das rúas Terra e Almendra. Terceiro.-Publicar este acordo en cumprimento do preceptuado no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 6 de febreiro de 2003.

Xaime Bello Costa

Alcalde