Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 299/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de xaneiro de 2003, o/a instructor/a do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 299/2002, incoado na

Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña, a Vicente Pérez Castrillón.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Vicente Pérez Castrillón o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no numero 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación provincial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, de se-lo caso, copia do mesmo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 299/2002.

Denunciado: Vicente Pérez Castrillón.

DNI/NIF: 32568060-Z.

Último enderezo coñecido: Paseo da Mariña, nº 1-1º, Ferrol.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de manipuladores de alimentos.

Precepto presuntamente infrinxido: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.5 do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e R.D. 202/2000, polo que se establecen as normas de manipuladores de alimentos.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: 90,15 euros. Noventa euros con quince céntimos.