Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Rubias, Mallorca, Valboa, A Míllara.
Situación: Pantón.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,903 km con orixe na derivación a C.T. Rachelo conductor tipo LA-56 e final no C.T. Valboa. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con 2,37 km de lonxitude con orixe no C.T. a Valboa conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito ó seu dereito.
Lugo, 16 de xaneiro de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo