Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.979

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se eleva a definitiva a relación de admitidos no concurso 3/2002, convocado pola Orde do 10 de decembro de 2002, para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de estatística da Xunta de Galicia.

Publicada por Resolución do 29 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 24, do 4 de febreiro), a relación provisional de admitidos no concurso 3/2002, convocado pola Orde do 10 de decembro de 2002, para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de estatística da Xunta de Galicia, e transcorrido o prazo que se establece nela para presenta-las correspondentes alegacións, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitiva a relación de admitidos no concurso 3/2002, para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de estatística da Xunta de Galicia, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación definitiva de admitidos

no concurso 3/2002

Apelidos e nomeDNI

Aguilar Vázquez, Nuria33296166-D

Alberte Aparicio, Eva34979681-Q

Barriuso Noya, Francisco Javier32829871-Q

López Vizcaíno, María Esther76575190-W

Moyano Pérez, Sara Isabel33319991-Y

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL