Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

Anuncio de contratación, por concurso urxente por procedemento aberto, para a contratación das obras de rehabilitación e mellora do edificio histórico do concello, do arquitecto Antonio Palacios.

Obxecto: rehabilitación e mellora do edificio histórico do concello, do arquitecto Antonio Palacios.

Importe: 276.465 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: catro meses.

Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).

b) Teléfono: 986 33 13 01; fax: 986 33 58 50.

c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Presentación das ofertas. Prazo: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da data do último anuncio que se publique no BOP o ben no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 28 de xaneiro de 2003.

José Manuel Barros González

Alcalde