En cumprimento do disposto no artigo 28.5º do Decreto 80/2000, do 23 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 23 de xaneiro de 2003, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:
«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Punago.
Segundo.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de novembro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Castroverde, Baleira e Pol queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL