Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Eléctrica de Cabañas, S.L.
Domicilio social: O Areal, 45 baixo, 15621 Cabanas (A Coruña).
Denominación: variante de L.M.T. ó C.T. A Pena e C.T. A Pena e variante L.M.T. ó C.T. Muíño do Cubo.
Situación: Cabanas.
Descricións técnicas: liñas eléctricas aerosubterráneas de media tensión, sobre apoios de formigón e metálicos, en conductor LA-56 os tramos aéreos e baixo tubo en conductor R.H.Z.1 12/20 kV de 3(1x95) mm Al os tramos subterráneos: -de 70 m en aéreo e 44 m en subterráneo a variante que alimenta o C.T. A Pena. -De 233 m en aéreo e 256 m en subterráneo a variante que alimenta o C.T. Muíño do Cubo. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Muíño do Cubo. Cabanas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 9 de xaneiro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña