Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración sucesiva de títulos académicos non universitarios. (Expediente 01/03SU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 01/03SU.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de títulos académicos non universitarios.

b) División por lotes e número:

Lote 1.

c) Lugar de entrega: Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, sita en San Caetano-Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: 30 días ou no prazo que oferte a empresa se fose inferior a este.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 144.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos.

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte dirección da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2231

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2003.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria