Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.900

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE PONTEVEDRA, S.A.

ANUNCIO de concurso de asistencia técnica para a redacción de traballos de planeamento do parque empresarial da Guarda-O Rosal.

Xestur Pontevedra, en virtude do convenio do 25 de outubro de 2002, formalizado co Instituto Galego da Vivenda e Solo, convoca o seguinte concurso de asistencia técnica para a redacción de traballos de planeamento.

Destinatarios: profesionais ou empresas con experiencia na redacción e tramitación de planeamento parcial.

Obxecto: asistencia técnica para a redacción do proxecto sectorial, estudio de impacto ambiental e proxecto técnico de urbanización do parque empresarial da Guarda-O Rosal.

Orzamento licitación (IVE non incluído).

Proxecto sectorial 40.000 A.

Estudio impacto ambiental 6.000A.

Proxecto técnico de urbanización 65.000 A.

Total 111.000 A.

Documentación complementaria: os interesados nesta convocatoria poderán solicita-lo correspondente prego de bases nas oficinas de Xestur Pontevedra sitas na praza Maruxa Mallo nº 1-1º de Vigo, das 10 ás 14 horas.

Prazo de presentación de ofertas: un mes desde a publicación no DOG.

Lugar de presentación: en man nas oficinas de Xestur Pontevedra, sitas na praza Maruxa Mallo nº 1-1º en Vigo.

Apertura de plicas: a apertura de ofertas realizarase o día seguinte hábil (non sábado) ó da finalización do prazo de presentación, ás 13 horas na sala de xuntas de Xestur Pontevedra.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 18 de febreiro de 2003.

O xerente

Rubricado