Xestur Pontevedra, en virtude do convenio do 25 de outubro de 2002, formalizado co Instituto Galego da Vivenda e Solo, convoca o seguinte concurso de asistencia técnica para a redacción de traballos de planeamento.
Destinatarios: profesionais ou empresas con experiencia na redacción e tramitación de planeamento parcial.
Obxecto: asistencia técnica para a realización de estudio topográfico, parcelario e xeotécnico, e redacción do proxecto sectorial, estudio de impacto
ambiental e proxecto técnico de urbanización do parque empresarial de Tomiño.
Orzamento de licitación (IVE non incluído).
Topográfico e parcelario 12.000 A.
Estudio xeotécnico 24.000A.
Proxecto sectorial 60.000 A.
Estudio impacto ambiental 6.000A.
Proxecto técnico de urbanización 120.000 A.
Total 222.000 A.
Documentación complementaria: os interesados nesta convocatoria poderán solicita-lo correspondente prego de bases nas oficinas de Xestur Pontevedra sitas na praza Maruxa Mallo nº 1-1º de Vigo, das 10 ás 14 horas.
Prazo presentación de ofertas: un mes desde a publicación no DOG.
Lugar de presentación: en man nas oficinas de Xestur Pontevedra, sitas na praza Maruxa Mallo nº 1-1º en Vigo.
Apertura de plicas: a apertura de ofertas realizarase o día seguinte hábil (non sábado) ó de finalización do prazo de presentación, ás 13 horas na sala de xuntas de Xestur Pontevedra.
O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 14 de febreiro de 2003.
O xerente
Rubricado