Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 24 do PXOU relativa á ordenanza 3.1 de zonas verdes e á ordenanza de garaxe-aparcadoiro (expediente 7437/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 21 de decembro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 24 do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU-93), relativa á normativa urbanística de garaxe-aparcadoiro e á ordenanza 3.1 de zonas verdes, de acordo co proxecto redactado en outubro de 2002 polos técnicos da oficina municipal de Planeamento (expediente 7473/411).

Segundo.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun diario dos de maior circulación da provincia.

O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o mes contado desde o día seguinte da derradeira publicación.

O expediente está ó dispor do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 9 de xaneiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO

DA CORUÑA