Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Papucín (Frades-A Coruña) que a Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, por delegación do conselleiro (O.D. 19-12-2001) acordou con data do 14 de novembro do 2002 a iniciación do expediente de revisión de oficio das bases definitivas do devandito procedemento de concentración parcelaria no que afecte unicamente a determinados propietarios.
Dada a complexidade na investigación do expediente de revisión polo gran número de parcelas afectadas acórdase amplia-lo prazo do procedemento de revisión polo tempo que resulte necesario, que en ningún caso superará o mes e medio no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).
Contra este acordo de ampliación de prazo do expediente de revisión de oficio non cabe interpoñer ningún recurso tal como dispón o artigo 49.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2003.
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Política
Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural