Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.892

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2003 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 10 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2003) pola que se convocan probas selectivas para a provisión duna praza de técnico de relacións internacionais.

Advertidos erros no anexo III da resolución desta universidade do 10 de decembro do 2002 (Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 2003) pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico de relacións internacionais, este rectorado ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Na páxina número 629:

Tribunal suplente:

Onde di: «Presidente: Francisco Blanco Filgueira, director da Escola Superior da Mariña Civil».

Debe dicir: «Presidente: Josefina Martínez Barbeito, directora do Servicio de Relacións Internacionais».

Tema 25. Onde di: «O Espacio Europeo da Educación (ERA)».

Debe dicir: «O Espacio Europeo da Investigación (ERA)».

Tema 33. Onde di: «O GATS (General Agreement on Tariffs and Trade) e as implicacións para a educación superior».

Debe dicir: «O GATS (General Agreement on Trade in Services) e as implicacións para a educación superior».

A Coruña, 21 de xaneiro de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña