Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de xaneiro 2003 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo a festa da Maruxaina de San Cibrao, Cervo.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 16 de xaneiro de 2003, adoptou por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo a festa da Maruxaina de San Cibrao, Cervo, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia do Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do devantdito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo