Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

A Alcaldía, mediante Decreto de data 30-1-2003, aprobou definitivamente o proxecto de estatutos e bases de actuación do polígono único do solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín por instancia de Primosca, S.L., propietaria de máis de 50% da superficie do devandito polígono.

En cumprimento do que dispón o artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, faise público, sinalándose que contra o acordo de aprobación poderá interpoñerse o recurso de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial, interpondo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses.

Os prazos que se sinalaron computaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Verín, 30 de xaneiro de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde