Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. derivación Barro-Casas Baratas.
Situación: Concello de Tomiño.
Características técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 63 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor LA-56, desde o apoio proxectado nº 1 tipo H.V.H. 1000/15 CR1 CA e 370 m o tramo subterráneo, con conductor R.H.V., alimentando o C.T. que se proxecta denominado Casas Baratas, na avda. do Xeneralísimo, no concello de Tomiño, rematando á altura da avda. do Xeneralísimo coa rúa da Pedra. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde o apoio nº 144
da L.M.T. Tui 8.03 ata o C.T. existente de Barro. C.T. de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 60 m de lonxitude, con conductor R.Z., desde o C.T. Casas Baratas. R.B.T., subterránea, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. Casas Baratas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 3 de xaneiro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra