De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase un requirimento de documentación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación do artigo 35 da Lei xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no pará
grafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla nº 70-1ª, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 21 de xaneiro de 2003.
Gonzalo Vázquez Rivas
Delegado territorial de Lugo
ANEXO
Interesado Procedemento
33304844-Q
Avda. das Fontiñas 119-3º A4
LugoVázquez Carballeira, Ángel
Requirimento para outorgamento de escritura