Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (134/2002).

María Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos.

Dá fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas nº 134/2002 dictouse a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia 193/2002, vistos os presentes xuízos de faltas 134/2002 seguidos ante este xulgado na que é denunciante Marina López Sánchez e denunciado Francisco Ramón López Sánchez, é parte o Ministerio Fiscal.

Dictamino: que debo condenar e condeno a Francisco Ramón López Sánchez como autor dunha falta de ameazas do artigo 620.2º do Código Penal, a unha pena de 20 días de multa a razón de cota

diaria de 6 euros, é dicir, a razón de 120 euros de multa, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa impagadas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación dentro do prazo de cinco días seguintes á publicación deste edicto.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Francisco Ramón López Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos, nove de xaneiro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE LUGO