Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.731

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de febreiro de 2003 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para os días 18, 19 e 20 de febreiro de 2003, na Universidade de Vigo.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga determine o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

O presidente da Xunta de Persoal Xoán M. Cebro Rodríguez, e Sergio Pajares Domínguez (polo sindicato CIG) e José S. Santos García (polo sindicato da UGT) comunicaron a convocatoria de folga do colectivo antes reseñado para os días 18, 19 e 20 de febreiro de 2003.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais (que se fan sempre para a satisfacción dos dereitos fundamentais dos cidadáns, desde a óptica dos bens e interese da persoa), non obstante, por acordo das partes determínase do seguinte xeito:

Universidade de Vigo:

Rectorado:

-1 funcionario/a no rexistro.

-1 secretario/a do rector ou auxiliar administrativo/a.

Campus:

-1 funcionario/a no rexistro (As Lagoas-Marcosende, Pontevedra e Ourense).

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL