Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso do expediente 22/2002 para a realización de probas analíticas en laboratorios externos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na alínea i) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, da realización de probas analíticas en laboratorios externos.

1. Obxecto e orzamento.

A realización de probas analíticas en laboratorios externos, por un orzamento máximo de 165.000 A (IVE incluído)

2. Prazo de execución.

Inmediata desde a data de formalización do contrato.

3. Documentos de interés para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, 27004 Lugo. Teléfono: 982 29 61 40 e fax: 982 24 24 05.

4. Fianzas.

Os adxudicatarios deberán consignar unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación, que

se constituirá segundo o disposto no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación.

Non se precisa.

8. Criterios de adxudicación.

-Prezo, ata 50 puntos.

-Sistema de intercomunicación informática, cos laboratorios do centro, ata 30 puntos.

-Control de calidade, ata 30 puntos.

-Prazo de entrega e sistema de recollida de mostras, ata 20 puntos.

9. Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

10. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 14 de xaneiro de 2003.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo