Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de novembro de 2002, no que se outorga adxudicación provisional do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor do Concello de Crecente (Pontevedra).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do día 7 de novembro de 2002,

relativo á adxudicación provisional do servicio de radiodifusión en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, resulta necesa-

rio darlle publicidade, unha vez cumpridos requi-

sitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decre-

to 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesións de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes de emisoras de FM para a súa explotación polas corporacións locais. En consecuencia,

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 7 de novembro de 2002, polo que se outorga a adxudicación provisional do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, a favor do Concello de Crecente (Pontevedra) para esa mesma localidade, coas características técnicas que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2003.

Ignacio J. Otero López

Director xeral de Comunicación e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, en reunión do día 7 de novembro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Outorga-la adxudicación provisional do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, a favor do Concello de Crecente (Pontevedra) para esa mesma localidade.

As características técnicas que se lle asignan son:

Frecuencia (MHz): 107.0.

Localidade: Crecente.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude): 8W1318-42N0918.

Cota (m): 193.

Potencia radiada aparente máxima: 50 w.

HEFM: 37.5.

P: M.

D: N.

Sector: -.

O outorgamento da concesión definitiva, que habilitará para a posta en funcionamento da citada emisora, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras de instalación correspondentes, así como a posterior inspección e autorización da posta en funcionamento, segundo o establecido no Real decreto 1273/1992, do 23 de outubro, polo que se regula o outorgamento de concesións e asignación de frecuencias para a explotación do servicio público de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de fre-

cuencias polas corporacións locais e no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, polo que se regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.