Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/197-2, 5983 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. a Motel Esperante.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV, cunha lonxitude de 199 m, conductor tipo LA-56 con orixe en apoio da L.M.T. a C.T. Calde e final en apoio nº 3 da liña proxectada a C.T.C. de Motel Esperante.

L.M.T.A. a 20 kV, cunha lonxitude de 92 m, conductor tipo LA-56, con orixe en apoio nº 4 da liña proxectada a C.T.C. de Motel Esperante e final en apoio nº 5 da mesma liña.

L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 220 m, conductor tipo R.H.Z., con orixe en apoio nº 3 da L.M.T.A. a C.T.C. de Motel Esperante e final no apoio nº 4 da mesma liña.

C.T. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

L.B.T.S. cunha lonxitude de 5 m e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo