Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.702

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Por Resolución do 15 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 13, do 21 de xaneiro, apróbanse as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado por Orde do 11 de novembro de 2002 (DOG nº 224, do 20 de novembro), corrección de euros DOG nº 228, do 26 de novembro esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

A lista definitiva de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1., os aspirante excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo presenta-la correspondente solicitude consignando nela o seu nome e apelidos, NIF, e o número de conta (vinte díxitos), entidade bancaria e localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación definitiva de excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados. Acceso libre.

Nome: Eiriz Lovelle, Jesús.

DNI: 76619354-Y.

Exclusión: 10, 22, 53.

Nome: Juesas Rodríguez, María Mercedes.

DNI: 36096323-P.

Exclusión: 32.

Nome: Vidal Pardo, Francisco José.

DNI: 33329560-F.

Exclusión: 32

Causas de exclusión:

10 Instancia fóra de prazo.

22 Taxas aboadas fóra de prazo.

32. Non optar por ningún idioma comunitario.

53. Falta de DNI ou DNI incorrecto.