Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.662

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 150/2003, do 13 de febreiro, polo que se nomea presidente do Consello da Xuventude de Galicia a José Manuel Lage Tuñas.

Efectuada pola asemblea xeral do Consello da Xuventude de Galicia, na súa sesión do 18 de xaneiro de 2003, a elección do presidente do consello, resulta necesario que, de conformidade co establecido no artigo 18.3º da Lei 2/1987, do 8 de maio, o Consello de Xuventude de Galicia proceda ó nomeamento daquel en virtude da proposta da devandita asemblea.

Polo exposto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de febreiro de dous mil tres,

Nomeo a José Manuel Lage Tuñas presidente do Consello da Xuventude de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de febreiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA