Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2003, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan aperturas de expedientes sancionadores pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Penín Núñez, Cesáreo e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de imposición

de sancións, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla nº 70-1ª planta, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 21 de xaneiro de 2003.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Penín Núñez, Cesáreo

(33803243M);

Avda. Portugal 68-Rábade-Lugo

Imposto sobre sucesións e doazóns; apertura de expediente sancionador; exp. 840/2001

Campello Ferreiro, Mª Carmen

(76540739M);

r/ Chantado 41-3º-Narón-A Coruña

Imposto sobre sucesións e doazóns; apertura de expediente sancionador; exp. 1369/2002