Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do cambio do obxecto social da cooperativa Santa María do Val, S. Coop. Galega, deixando de ser unha cooperativa agraria para se converter nunha cooperativa de consumidores e usuarios.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53.2º, establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación do obxecto social das cooperativas. Na súa virtude,

RESOLVO:

Dispoñe-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, da variación do obxecto social da entidade Santa María do Val, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral celebrada o día 23-6-2002.

Na devandita asemblea acordouse o cambio do obxecto social da cooperativa e como consecuencia deixa de ser unha cooperativa agraria para se converter nunha cooperativa de consumidores e usuarios.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2003.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña