Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/182-2, 5963 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artículo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. nova esquina Luis Soto.

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV con lonxitude de 0,086 km con orixe na L.M.T.S. a C.T. Juan XIII, conductor tipo R.H.Z. e final no C.T. Luis Soto. C.T. non prefabricado con potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo