Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/179-2, 5977 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artículo VII do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T. acondicionamento estrada Lugo, 170, Parga, Momán.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: recuamento L.M.T.A. a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,096 km con orixe no apoio de entronque nº 0, da L.M.T. a C.T. a Carelo, conductor tipo LA-56 e final no apoio existente nº 2 da L.M.T. a C.T. Carelo. Recuamento C.T.I. con potencia de 50 kVA e relación de transformación 15.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo