Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do paso a concesión de explotación Faro, 2875, da provincia de Pontevedra, e promovida por Fomento de Áridos y Obras, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública durante trinta días hábiles mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude;

RESOLVO:

Someter a información pública por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación da presente resolución o proxecto de explotación,

o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do paso a concesión de explotación Faro 2875, situada en terreos do concello de Pontevedra, provincia de Pontevedra e solicitado por Fomento de Áridos y Obras, S.L.

Para os efectos informativos, porase ó dispor dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas