Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.585

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas, pola que se convocan os opositores para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición.

Na sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 2003, o tribunal designado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de abril de 2002, para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Convoca-los opositores que superaron o terceiro exercicio e ós que, tendo aprobado o segundo, estaban exentos da realización do terceiro, para a realización do cuarto exercicio (suposto práctico) que se levará a cabo na aula 5 da Escola Galega de Administración pública (EGAP), sita na rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, o día 18 de febreiro de 2003 a partir das 16 horas.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para tal efecto poderán utilizar textos legais sen comentarios e calculadoras non programables pero non libros de consulta.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Presidente do tribunal