Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003, complementaria da do 29 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2003, correspondentes ós concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como consecuencia da modificación das festas laborais de carácter local levada a cabo polo Concello de Chantada (Lugo) e polo Concello de Fornelos de Montes (Pontevedra) e realizadas -por petición dos concellos- as oportunas rectificacións polas correspondentes delegacións provinciais, cómpre face-las correspondentes rectificacións na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 216, do venres, 8 de novembro de 2002, así:

-No anexo II provincia de Lugo, na páxina 15.722, onde di: «18. Chantada: 4 de marzo, Martes de Entroido; 27 de agosto, Festa da Empanada», debe dicir: «18. Chantada: 4 de marzo, Martes de Entroido; 26 de agosto, Martes das Festas Patronais».

-No anexo IV provincia de Pontevedra, na páxina 15.725, onde di: «20. Fornelos de Montes: 14 de xuño, Santo Antonio; 11 de agosto, Santo Cristo», debe dicir: «20. Fornelos de Montes: 13 de xuño, Santo Antonio; 11 de agosto, Santo Cristo».

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais