En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.
c) Número de expediente: 1/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servicios.
b) Descrición do obxecto: limpeza dos locais das oficinas de emprego da provincia de Pontevedra.
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG nº 233 do día 3 de decembro de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 198.000 euros, IVE incluído.
5. Adxudicación.
a) Data: 17 de decembro de 2002.
b) Contratista: Samyl, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 184.200 euros, IVE incluído.
Vigo, 10 de xaneiro de 2003.
P.D. (Orde 19-1-1998)
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra